(09).LINGUA GALEGA E LITERATURA 2O.BACHARELATO

(09).LINGUA GALEGA E LITERATURA 2O.BACHARELATO

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498651911
ISBN:
978-84-9865-191-1
Páginas:
226
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
240
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
2O.BACHARELATO

Descuento:

-5%

Antes:

29,00 €

Despues:

27,55 €
IVA incluido

Ademais dun desenvolvemento detallado dos temas de lingua e literatura  (estudo que abrangue ata os autores e autoras máis actuais destes inicios do século XXI), o libro complétase con toda unha batería de exercicios e actividades para facer deste manual un material motivador  e doado de manexar. Os exercicios serán o complemento que permitirá que o estudo se memorice mellor e, sobre todo, que se comprenda mellor. Todas as Unidades Didácticas se presentan, tanto nos apartados  de Lingua como nos de Literatura, como se fosen un encerado, de tal maneira que, ao abrilo, o estudante atopa os coñecementos básicos do programa perfectamente estruturados. Esta é unha vantaxe importante á hora de planificar o estudo e, xa que logo, a comprensión será moito máis doada. Para reforzar a asimilación dos contidos, o equipo redactor deseñou unha batería de exercicios moi prácticos e variados, entre os que destacan, en todas as unidades, exames completos de Selectividade que van permitir afrontar esa proba con total seguridade. Como no libro de 1º curso, sabemos que para que a grandeza  da nosa literatura sexa entendida en toda a súa dimensión, é necesario encardinalo cos grandes feitos da historia da humanidade. Por iso, nas unidades de literatura ofrécese unha liña do tempo que explica a evolución das nosas letras dende a súa orixe ata os nosos días, atendendo aos grandes feitos literarios galegos, universais, así  como aos grandes acontecementos da historia mundial. Atendendo ás cores, o estudante asiste a unha viaxe no tempo e cara ao futuro.
 O libro de texto de Lingua e Literatura Galega de 2º de bacharelato é,  sobre todo, unha ferramenta útil, non só para comprender os temas que  esixe o programa educativo, senón, tamén, para enfrontarte con éxito ás probas de acceso á universidade. Ao mesmo tempo, e consonte o formulado no 1º curso, está escrito desde o convencemento de que a lingua galega é unha fiestra aberta, para achegarnos ás grandes cuestións do noso tempo. A lingua, a nosa, é un vehículo de coñecemento, mais tamén de comunicación.

Otros libros del autor en La república de las letras

Galaxia en La república de las letras

  • Antoloxia poética -5%
    Titulo del libro
    Antoloxia poética
    Cabanillas, Ramón
    Galaxia
    No disponible

    7,80 €7,41 €

  • CORTE E CONFECCIÓN -5%
    Titulo del libro
    CORTE E CONFECCIÓN
    Nº 402
    Diaz Nuñez, Celia
    Galaxia
    Escribir unha historia é coma facer un traxe pensou mentres a máquina de coser debuxaba un carreiro de puntad...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,50 €14,73 €

  • Nas verbas enxebres, á retesía encerellado -5%
    Titulo del libro
    Nas verbas enxebres, á retesía encerellado
    Pereiras Gómez, Tomás Antón
    Galaxia
    No disponible

    19,00 €18,05 €

  • DESVENDADO -5%
    Titulo del libro
    DESVENDADO
    POMBO ARIAS, MANUEL
    Galaxia
    Libro non exento de crueldade para quen o escribe, Desvendado pretende deixar testemuño dunha epoca de Ga...
    No disponible

    30,95 €29,40 €

  • As Jermaine -5%
    Titulo del libro
    As Jermaine
    Nº 500
    Alonso Seisdedos, María
    Galaxia
    O clic dunha cámara fotográfica en 1949 pon en marcha a engrenaxe cega  de sucesos que van operando ao longo ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    17,60 €16,72 €