Ámote vermella

Ámote vermella

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497829533
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9782-953-3
Páginas:
168
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
185
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Descuento:

-5%

Antes:

21,05 €

Despues:

20,00 €
IVA incluido

Con Amote vermella, o poeta Claudio Rodríguez Fer conclúe a súa triloxía poética sobre a memoria histórica iniciada con Lugo blues e proseguida con A loita continúa (Xerais 2004). Este poemario elexíaco,  ilustrado pola pintora Sara Lamas, está organizado en tres partes: I.  "No corazón da besta"; II. "Na besta do corazón" e III. "Memoria contra a morte". Na primeira parte, a máis extensa do libro o poeta e a pintora homenaxean a todas as mulleres vítimas da barbarie do 36, esquecidas entre os esquecidos. Así recupérase a memoria e o rostro das mulleres libertarias asasinadas en Galicia, como Josefa Barreiro González, nai humilde ou Dolores Blanco Montes, a voz das conserveiras  e atadeiras do Morrazo. Outrosí faise con Juana Capdevielle, secuestrada tras ser fusilado o seu marido, Francisco Pérez Carballo, gobernador republicano da Coruña, e asasinada e enterrada en Rábade o 18 de agosto de 1936. Elexía pronunciada na lembranza de Amada García,  fusilada en Ferrol o 27 de xaneiro de 1938, tras despedirse do seu pai, do seu marido e do seu fillo, acabado de nacer. Homenaxe que se estende ás mestras represaliadas (como María Vázquez Suárez, Mercedes Romero Abella ou a ourensá Erundina Alvarez Pérez), ás matronas republicanas, ás decenas de mulleres descoñecidas que agocharon a fuxidos e pagaron coa súa vida por isto ou a todas as mulleres que tolearon de dor durante aqueles anos da represión. Na segunda e terceira parte, o poeta homenaxea as súas voces filiais máis queridas.  Amote vermella é un berro emocionante contra o exterminio atroz daquelas vidas desfeitas, contra o esquecemento inxusto e o silencio cómplice no que se mantivo a estas vítimas do fascismo, ao tempo que cosntitúe un chamado en solidariedade con todas as comunidades do mundo que padecesen calquera ditadura do terror.

Otros libros del autor en La república de las letras

Materia en La república de las letras

Xerais en La república de las letras

  • Os Libros De Merlin. Lecturas 5. Educacion Primari -5%
    Titulo del libro
    Os Libros De Merlin. Lecturas 5. Educacion Primari
    Lastra Muruais
    Xerais
    No disponible

    27,16 €25,80 €

  • Imaxes roubadas -5%
    Titulo del libro
    Imaxes roubadas
    Araújo, Nones
    Xerais
    Os relatos de «Imaxes roubadas» están inspirados por obras de arte imprescindibles, e, a través delas e da ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,95 €18,00 €

  • Brumoso -5%
    Titulo del libro
    Brumoso
    López Rodríguez, Xavier
    Xerais
    No disponible

    8,30 €7,89 €

  • Marxes -5%
    Titulo del libro
    Marxes
    Martínez González, Xurxo
    Xerais
    "Marxes" traza un mapa afectivo con itinerarios por Vigo no que se rememoran, con textos, fotografías e ilustr...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    22,50 €21,38 €

  • È TEMPO DE ENTROIDO -5%
    Titulo del libro
    È TEMPO DE ENTROIDO
    Veiga, Ramón;Sierra, David
    Xerais
    É tempo de Entroido, de festa, de máscaras, de filloas e de cocido. E que pasa cando se xuntan algúns dos pe...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,95 €15,15 €