As Cantigas de Santa María

As Cantigas de Santa María

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483027875
Año de edición:
Materia
ENSAYOS
ISBN:
978-84-8302-787-5
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

Descuento:

-5%

Antes:

27,00 €

Despues:

25,65 €
IVA incluido

As Cantigas de Santa María son o punto final dunha longa tradición literaria en loanza da Virxe María. Obra dun rei que tiña a súa disposición un obradoiro literario onde non faltaban medios, as Cantigas foron copiadas en ricos códices, onde cada texto vai acompañado da notación musical e de ricas imaxes.Desde este libro de Elvira Fidalgo, profesora titular da Universidade de Santiago, preténdese ofrecerlle ó lector unha visión o máis completa posible das  Cantigas de Santa María, dado que nunca se chegou a elaborar un libro  que abarcase os puntos básicos e esenciais para que o interesado pola  literatura medieval galega puidera completar o coñecemento do panorama poético do noroeste peninsular co achegamento a un cancioneiro tan rico, completo e complexo. Este libro estudia os aspectos fundamentais para a comprensión de tan ambiciosa obra e a tal  fin revísase a tradición literaria na que se encadra, levando a cabo unha análise do modelo arquitectónico que estructura os textos e un repaso ós problemas que presenta a súa edición, aínda non resoltos. Por primeira vez, ofrécese un estudio global das cantigas de loor que ata o de agora non chamaran a atención da crítica e descríbense dous modelos básicos ós que responde a factura destes textos particulares. Hai tamén un apartado para a música e outro para a iconografía, preprado pola medievalista Rocío Sánchez Ameijeiras, que por vez primeira se estudia con carácter xeral, destacando a importancia da miniatura alfonsina no panorama europeo da época.

Materia en La república de las letras

Xerais en La república de las letras