Descuento:
-5%Antes:
Despues:
13,21 €Este breve ensaio reúne os escritos que Xosé LuÃs Méndez FerrÃn dedicou á figura polÃtica de Castelao dentro da súa coñecida serie de artigos «No Fondo dos Espellos» (publicada no Faro de Vigo entre 2007 e 2020). En total, trece textos aparecidos entre 2014 e 2019. Entre eles, a serie completa (en sete entregas) dos que titulou como «Castelao é noso», recollendo asà un verso dun coñecido poema de Celso Emilio Ferreiro. FerrÃn reinvidica un Castelao «para os demócratas, os nacionalistas e os antifeixistas» e critica a apropiación da súa figura por quen non defende o que o ideólogo do nacionalismo galego deixou realmente escrito no seu célebre Sempre en Galiza. A presente edición, supervisada polo propio autor, está ao coidado do catedrático de LingüÃstica Xeral da Universidade de Vigo Fernando Ramallo.