Descuento:
-5%Antes:
Despues:
14,25 €Pensar hoxe en Marcuse leva a evocar decontado as revoltas estudantÃs dos anos sesenta, en BerlÃn, Berkeley, ParÃs, as loitas contra a guerra do Vietnam, o movemento polos dereitos civÃs, as proclamas pacifistas ou a denominada New Left. As obras do pensador alemán foron acollidas con entusiasmo por moitos dos animadores desa diversidade de movementos, en especial dúas: Eros and Civilization (1955) e a obra que aquà ofrecemos vertida ao galego, One-Dimensional Man (1964). Malia o seu pesimista diagnóstico, O home unidimensional urxÃa a necesidade dun cambio radical, que nin moito menos poderÃa reducirse a instancias económicas. Herbert Marcuse, alemán inmigrado e profesor na Universidade de San Diego (California), saltou de pronto aos medios. As súas conferencias nos Estados Unidos de América e en Alemaña e os seus escritos e intervencións en relación coa protesta multiplicáronse. Non obstante, en ningún momento o autor se amosou compracente e se deixou arrastrar pola corrente. Ben en troques, marcou as súas discrepancias a respecto de moitos aspectos dos movementos de contestación social, como a inmediatez ou a falta de profundidade teórica. De aà a súa apelación á importancia da teorÃa como arma crÃtica. A obra de Marcuse, en efecto, ocupa un lugar destacado no seo da TeorÃa CrÃtica, brillante herdeira da mellor tradición da cultura occidental.