Lingua galega:normalidade e conflito

Lingua galega:normalidade e conflito

Nº:
86
Editorial:
Laiovento, s.l.
EAN:
9788484874904
Año de edición:
Materia
LIBRO DE TEXTO
ISBN:
978-84-8487-490-4
Páginas:
258
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
140
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
Ensaio

Descuento:

-5%

Antes:

16,95 €

Despues:

16,10 €
IVA incluido
Avisar disponibilidad

Neste volume realízase un percurso pola historia da lingua galega, con  rigor mais tamén con paixón, pois o autor non evita implicarse na valorización dos feitos, consciente da importancia fundamental do idioma na preservación da identidade cultural e política da Galiza. A intención que subxace na obra é combater o descoñecemento, as falsificacións e os preconceptos que obstaculizan a plena normalización de usos do galego. Para iso vira necesaria unha ollada retrospectiva ás súas orixes e evolución ao longo do tempo, na procura  daqueles episodios que permiten testar a súa total capacidade para ser vehículo normal de comunicación e panca imprescindíbel para o progreso espiritual e material do pobo que o creou e utilizou durante séculos, a convertelo tamén no principal símbolo de identificación colectiva. Como ben dixera Castelao, se as persoas galegas aínda somos  diferentes e capaces de existirmos é por obra e graza da lingua propia que entre todas e todos construímos e que a todas e todos nos representa. As dúas palabras que sintetizan a súa historia son normalidade, para nos referirmos ao longo e brillante período medieval, e conflito, para caracterizar a etapa que vai desde finais do período medieval até aos primordios da actual centuria. Aínda permanece agora o galego nunha situación de conflito e necesita voltar  á normalidade de que gozou nos 700 primeiros anos da súa existencia. Por iso ambas as palabras dan título a esta obra, que pretende contribuír para un mellor coñecemento do significado histórico e do valor presente dun idioma con proxección de futuro.

Otros libros del autor en La república de las letras

Materia en La república de las letras

Laiovento, s.l. en La república de las letras