Descuento:
-5%Antes:
Despues:
14,16 €Coma se do falso guión dun filme imaxinario se tratase, esta biografÃa amosa algunha das escenas de vida do poeta Lois Pereiro. A súa infancia e adolescencia nese universo todo que foi para el o seu Monforte natal. Aqueles anos de Loia en Madrid, nos que percorreu os camiños do entusiasmo e da fatalidade. As viaxes europeas na procura de acordes e descubertas. Os últimos dÃas na Coruña, cando intentaba vivir onde o vento sopraba. A familia, os amigos, a paixón, a escrita artellan este emocionante relato miniado con agarimo e admiración polo escritor Marcos Calveiro. Unha biografÃa que se completa cunha detallada cronoloxÃa, un caderno fotobiográfico e unha antoloxÃa poética do autor homenaxeado o 17 de maio de 2011.