O VOLFRAMIO EN VARILONGO

O VOLFRAMIO EN VARILONGO. Santa Comba de Xallas 1941-1963

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499149912
Año de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-9914-991-2
Páginas:
152
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
MEMORIA

Descuento:

-5%

Antes:

19,50 €

Despues:

18,53 €
IVA incluido

O volframio, ese sorprendente ouro negro que tantas cobizas, fortunas e soños moveu nos anos da Segunda Guerra Mundial, é o protagonista desta maxistral monografía sociopolítica (e aínda máis) da escritora Carmen Blanco Ramos. Ela mora en Santa Comba de Xallas, ao pé das farturentas minas de Varilongo, e alí entrevistou a varias persoas que, dun xeito ou doutro, tiveron que ver co "mineral" que, no seu día, mudou na comarca, nos anos de esplendor, fortunas, costumes, actitudes... A febre e o gaño deste ouro negro mesmo suscitou versos ó  xeito popular, como as "cantareas" recollidas nun capítulo deste libro.
 É o ouro que disputaban, felinamente, axentes dos nazis e axentes dos aliados para perfeccionaren as súas terribles armas de guerra. Disputas nas que, en ocasións, atopamos empresarios, traballadores ben  pagos e veciños que andaban "á roubeta" perseguidos pola Garda Civil.  Alá no fondo, movendo algúns dos fíos do negocio, xentes moi vinculadas a Franco, como o seu cuñado Ramón Serrano Suñer (ex-ministro), o capitalista Ildefonso Fierro ou o pai de Cristóbal Martínez Bordiu.
 Entre os que gañaron o pan nas minas de Varilongo está unha familia ilustre, honrada e castigada: os Liste (seis membros) da parroquia de Calo, con Eduardo Liste Forján á cabeza, irmán de Enrique Líster, o heroico capitán das milicias republicanas.
 Esta é a primeira monografía sobre o tecido sociopolítico do volframio  galego, que tantas cobizas enfrontou e tantos hábitos mudou noutras partes de Galicia, desde as ricas minas de Silleda ós pequenos filóns de San Paio de Ventosela, nas terras de Ribadavia.
 Xesús Alonso Montero

Materia en La república de las letras

Xerais en La república de las letras

  • Xoaquín Lorenzo (1907-1989) -5%
    Titulo del libro
    Xoaquín Lorenzo (1907-1989)
    Vázquez-Monxardín Fernández, Afonso
    Xerais
    Xoaquín Lorenzo Fernández (Ourense, 1907-Lobeira, 1989),etnógrafo, arqueólogo, historiador, profesor, fotó...
    No disponible

    55,65 €52,87 €

  • A Unión Europea -5%
    Titulo del libro
    A Unión Europea
    Pardellas de Blas, Xulio;Domínguez Castro, Luis;García Gestoso, Noemí;González Piñeiro, Manuel
    Xerais
    Coordinado polo profesor Xulio X. Pardellas de Blás o presente volume proporciona arredor de catro grandes ár...
    No disponible

    25,20 €23,94 €

  • A Ulloa, Terra de Melide e Chantada -5%
    Titulo del libro
    A Ulloa, Terra de Melide e Chantada
    Laredo Verdejo Xose Luis
    Xerais
    No disponible

    17,00 €16,15 €

  • Con pólvora e magnolias -5%
    Titulo del libro
    Con pólvora e magnolias
    Méndez Ferrín, X. L.
    Xerais
    Ilustracións de Sucasas. "Con pólvora e magnolias" (1976) é unha referencia obrigada na nosa lírica co...
    No disponible

    33,75 €32,06 €

  • Ameaza na Antártida -5%
    Titulo del libro
    Ameaza na Antártida
    Caride, Ramón
    Xerais
    Said e Sheila, os dous irmáns do futuro que xa protagonizaran Perigo vexetal (premio Merlín, 1995) e O futuro...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    10,50 €9,98 €