Os xigantes no Morgante

Os xigantes no Morgante

Editorial:
Rinoceronte editora s.l.
EAN:
9788415166344
Año de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-15166-34-4
Páginas:
126
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
MORGANTE

Descuento:

-5%

Antes:

14,00 €

Despues:

13,30 €
IVA incluido
Comprar

Il Morgante Maggiore de Luigi Pulci considérase unha auténtica epopea de xigantes pola avultada presenza destes seres na obra. En efecto, entre os diferentes representantes do marabilloso, os xigantes son os que contan coa maior presenza e número ao longo deste poema e posúen, á sombra de Morgante, unha certa relevancia, maior ou menor segundo os  casos. Mentres que os estudosos se centraron eminentemente na comicidade da obra de Luigi Pulci, na natureza e función das súas fontes -especialmente a vexata quaestio do Orlando laurenziano- ou a interpretación do personaxe de Morgante, outros aspectos posibles de estudo quedaron relegados e só se viron beneficiados ou incluídos polos avances da crítica subsidiariamente e en tempos recentes. E o caso dos xigantes secundarios, cuxa relevancia se desvela a través de tres focos principais de análise: a súa morfoloxía física e caracterial, facendo fincapé na súa natureza demoníaca; a cuestión alimentaria, que vai dende a celebración do exceso carnavalesco á abominable antropofaxia; e, por último, a súa función na trama narrativa e a diversa tipoloxía que podemos discernir recorrendo ao contraste con outras tradicións europeas no eido do marabilloso. Máis concretamente, a tradición francesa presenta un especial interese debido á enorme influencia que exerceu na literatura italiana medieval; o estudo desta influencia no caso puntual do Morgante ofrece  novas e interesantes perspectivas na análise dos xigantes na obra mestra de Luigi Pulci.

Materia en La república de las letras

Rinoceronte editora s.l. en La república de las letras

  • (g).embigo do becho, o:retrincos da intrahistoria de -5%
    Titulo del libro
    (g).embigo do becho, o:retrincos da intrahistoria de
    Solla, Carlos
    Rinoceronte editora s.l.
    O pobo cerdedés é libre de adorar os ídolos da súa predilección.  Á luz dos feitos e tamén das feitoría...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    24,00 €22,80 €

  • Crónicas históricas das illas Cíes. (De mitos, ermitáns, piratas e mar polo medio -5%
    Titulo del libro
    Crónicas históricas das illas Cíes. (De mitos, ermitáns, piratas e mar polo medio
    González-Alemparte Fernández, Juan Miguel
    Rinoceronte editora s.l.
    Crónicas históricas das illas Cíes é un libro agarimoso que, sen perder seriedade e rigor na exposición da...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,00 €17,10 €

  • CANTAR DE RUODLIEB -5%
    Titulo del libro
    CANTAR DE RUODLIEB
    Nº 14
    Anónimo / Jiménez Pérez, Maite (ed.)
    Rinoceronte editora s.l.
    O "Cantar de Ruodlieb" é un poema épico en latín escrito no último ter zo do século XI en territorio alem...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,00 €14,25 €

  • Mocidade -5%
    Titulo del libro
    Mocidade
    Nº 45
    Coetzee, J.M.
    Rinoceronte editora s.l.
    No disponible

    18,00 €17,10 €

  • Leonora -5%
    Titulo del libro
    Leonora
    Edgeworth, Maria
    Rinoceronte editora s.l.
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    21,00 €19,95 €