TEMPO DE CREPUSCULO/NARRATIVA
Antiguo

TEMPO DE CREPUSCULO/NARRATIVA

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475077321
Materia
VIAJES Y MAPAS
ISBN:
978-84-7507-732-1
Páginas:
169
Idioma:
CASTELLANO
Ancho:
130
Alto:
210
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)
Colección:
EDICION LITERARIA

Descuento:

-5%

Antes:

11,00 €

Despues:

10,45 €
IVA incluido
Comprar

A vida dun funcionario gris cambia brutalmente a consecuencia da explosión dun paquete bomba que o deixa cego e paralítico. A partir desta circunstancia, Fernández Naval propón unha viaxe polas gándaras da memoria, proceso no que se mestura a recuperación do pasado para seguir vivindo, e mais a procura dunha frase, un aceno, unha pegada no  recordo, que lle permita saber ó protagonista quen e por que decidiu atentar contra el.A novela transcorre así en vintesete capítulos, nove  días nos que o protagonista vai refacendo vellas vivencias e sensacións -o amor imposible cunha compañeira de traballo, o ambiente malsán na oficina, a infancia nunca esquecida-, e ó tempo modificando o seu xeito de pensar e a súa percepción da realidade. Unha única paisaxe, a da habitación que xa non pode ver, salferida das outras moitas paisaxes que aínda lembra, o quentor do sol, as infusións da monxa que o deita, os ruídos que lle chegan do exterior e do propio edificio no que habita, constitúen a totalidade de estímulos que percibe; e logo está o medo, representado na constancia dunha chamada anónima que conturba a casa cada madrugada.A voz do protagonista e a do narrador mestúranse con frecuencia ó longo dos capítulos. O monólogo interior, só ás veces interrompido por breves e intencionados  diálogos, é a base do discurso.Tempo de crepúsculo, título dunha vella canción dos Platers vencellada ó pasado do protagonista, pretende principalmente contar unha historia e ó tempo conectar co que  de esencial e orixinario ten a novela, o EU, o individuo como eixo e fin da narración.Hai unha certa homenaxe á Ventana indiscreta de Alfred Hitchcock, só que aquí afiestra non se abre ó exterior, mira para adentro, ó cerne mesmo do protagonista, ó lugar de onde provén a fortaleza que nos salva e a debilidade que nos vence.

Otros libros del autor en La república de las letras

  • Do A ao Z con... Uxío Novoneyra -5%
    Titulo del libro
    Do A ao Z con... Uxío Novoneyra
    Francisco Xavier Fernández Naval
    Everest
    No disponible

    7,75 €7,36 €

  • Suso Espada. O misterio do Grial -5%
    Titulo del libro
    Suso Espada. O misterio do Grial
    Francisco Xavier Fernández Naval
    Everest
    No disponible

    9,50 €9,03 €

  • (GAL) SER CETÁCEO -5%
    Titulo del libro
    (GAL) SER CETÁCEO
    FERNÁNDEZ NAVAL, FRANCISCO X
    Bululu
    Esta é unha obra inclasificable, a recompensa dunha vida adicada ao estudo, as reflexións dun experto coñece...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    28,00 €26,60 €

  • Sete noites e un amencer -5%
    Titulo del libro
    Sete noites e un amencer
    Fernández Naval, Francisco X.
    Biblos clube de lectores
    No disponible

    12,00 €11,40 €

  • A noite branca -5%
    Titulo del libro
    A noite branca
    Nº 332
    Fernández Naval, F. X.
    Xerais
    Marcos sente a necesidade de coñecer e contar unha parte esquecida do seu pasado familiar cando descobre varia...
    No disponible

    23,95 €22,75 €

Materia en La república de las letras

Xerais en La república de las letras