Un bico de amor e vida

Un bico de amor e vida

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498651423
Año de edición:
Materia
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 A?OS
ISBN:
978-84-9865-142-3
Páginas:
44
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
295
Alto:
220
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
ARBORE MUSICONTOS (LIBRO+CD)

Descuento:

-5%

Antes:

27,40 €

Despues:

26,03 €
IVA incluido
Avisar disponibilidad

Un bico de amor e vida ofrece varios contidos nun só contedor. Coma unha botella guindada ao mar, dependendo de quen lea a mensaxe que vai  dentro atopará un ou outro significado. Haberá quen quede co relato actualizado do conto dÆA Sereíña, de Hans Christian Andersen. Certo que a a sombra benéfica do autor dinamarqués anda detrás deste proxecto, se ben, en Un bico de amor e vida a serea e mais o home humano viven un amor igualitario, sen necesidade de concesións nin de transformacións imposibles, coas lóxicas eivas que evidencia unha relación dacabo de dous mundos distintos: o de auga e o de terra. Será  posible un amor así? A carón do conto, está a historia. A nosa historia inmediata. A traxedia do Prestixe -cando o azul do mar se nos  volveu negro- tan ben reflectida na primeira ilustración realizada para este álbum por Enjamio. Quizais porque, ademais de que convén non  esquecer, tamén hai que ter en conta que nun desastre ecolóxico desas  características non só os humanos sofren, tamén as criaturas do mar están a padecer as súas consecuencias de forma directa e inmediata. A botella con mensaxe dentro -ou con mensaxes superpostas- complétase coa música de Manuel Balboa, eses mares nocturnos que encerran toda a maxestade do mar, pero tamén toda a súa posible tristura. Literatura, Ilustración e Música. Amor, Mar e Lembranza. Tradición, presente e modernidade. Velaquí os contidos desta botella con mensaxe que chegou arestora á praia de Editorial Galaxia. Abonda con axitala, destapala e  ulila. A fragancia deses contidos aparecerá combinada ao gusto de cada lector/a. Iso si: cun profundo ulido a mar. Un bico de amor e vida é unha proposta literaria de Xosé A. Neira Cruz, que conta coas ilustracións de Enjamio e coa música de Manuel Balboa, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave. Este álbum forma parte da colección "Arbore Musicontos", na que tamén saíron os títulos: · O prodixio dos zapatos de cristal, de Xosé A. Neira Cruz, con ilustracións de Rodrigo Chao e música de Gioachino Rossini, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia baixo  a dirección de Maximino Zumalave (decembro de 2008) · O debut de Martino Porconi, de Xosé A. Neira Cruz, con ilustracións de Federico Fernández e música de Benjamin Britten e Dimitri Shostakóvich, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave (decembro de 2008). Seleccionado polo IBBY para a Bienal de Ilustración de Bratislava 2009
 Recreación do conto tradicional de A Sereíña a cargo de Xosé A. Neira Cruz, coa colaboración da Real Filharmonía de Galicia quen puxo o marco musical ("Mares nocturnos", de Manuel Balboa) e da voz da actriz  de dobraxe María Inés Cuadrado.

Otros libros del autor en La república de las letras

  • Jan estivo alí -5%
    Titulo del libro
    Jan estivo alí
    Neira Cruz, Xosé Antonio
    Galaxia
    Dentro das grandes obras de arte habita un enigma. Un misterio chamado  a perdurar ao longo dos séculos. Así ...
    No disponible

    20,65 €19,62 €

  • Así viviu Castelao -5%
    Titulo del libro
    Así viviu Castelao
    Neira Cruz, Xosé Antonio
    Xerais
    No disponible

    6,95 €6,60 €

  • Una Costura en el Tiempo -5%
    Titulo del libro
    Una Costura en el Tiempo
    Neira Cruz, Xosé Antonio
    Oxford university press
    Dos mujeres, que viven en tiempos diferentes ?una en la antigüedad y otra en el presente?, mantienen una comun...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    9,50 €9,03 €

  • O medo de Mo -5%
    Titulo del libro
    O medo de Mo
    Neira Cruz, Xosé Antonio
    Macmillan
    No disponible

    7,70 €7,32 €

  • Gatos e Leóns -5%
    Titulo del libro
    Gatos e Leóns
    Neira Cruz, Xosé Antonio
    Oxford university press
    Polas vellas rúas e polas tranquilas canles de Venecia, móvense uns cruosos seres envoltos en aires de mister...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    9,00 €8,55 €

Materia en La república de las letras

Galaxia en La república de las letras

  • Quérote. Canto -5%
    Titulo del libro
    Quérote. Canto
    Nº 91
    Ramos, Baldo
    Galaxia
    Dende un mesmo espazo compartido -o silencio- abrollan os poemas que, seguindo camiños paralelos, acabarán po...
    No disponible

    18,50 €17,58 €

  • EL LIBRO DE LAS SINIGUALES Y EL ÚNICO SINIGUAL -5%
    Titulo del libro
    EL LIBRO DE LAS SINIGUALES Y EL ÚNICO SINIGUAL
    Beuter, Leonor;Rosa Lojo, María
    Galaxia
    No disponible

    18,20 €17,29 €

  • Dúas letras -5%
    Titulo del libro
    Dúas letras
    Casalderrey Fraga, Fina;Varela Caseiro, Eloy
    Galaxia
    Esta edición inclúe o DVD (cos seus extras en forma de entrevistas con  director, guionista, primeira actriz,...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    21,00 €19,95 €

  • XEOGRAFIA HISTORIA 3O.ESO -5%
    Titulo del libro
    XEOGRAFIA HISTORIA 3O.ESO
    García Vidal, Pedro / Pillado Silvoso, Xaime / Santillán Pedrosa, Elena
    Galaxia
    No disponible

    37,39 €35,52 €

  • Eva tomando o sol -5%
    Titulo del libro
    Eva tomando o sol
    Nº 519
    Castro, Francisco
    Galaxia
    Un famoso escritor retírase ao rural galego coa idea de rematar alí os  seus días. O que non espera é que o...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,80 €15,96 €