Xela Arias, quedas en nós

Xela Arias, quedas en nós

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497822428
Año de edición:
ISBN:
978-84-9782-242-8
Páginas:
224
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Descuento:

-5%

Antes:

18,45 €

Despues:

17,53 €
IVA incluido

Máis de cincuenta persoas participan neste libro colectivo, "Xela Arias, quedás en nós", que constitúe unha homenaxe con motivo do primeiro cabodano do pasamento da poeta e tradutora. O volume, promovido por Edicións Xerais de Galicia, a Asociación de escritores de Lingua Galega e a súa familia, está organizado en catro grandes apartados: "No pouso dos afectos" (reúne semblanzas, poemas e homenaxes literarias realizadas por amigos, familiares e compañeiros e  compañeiras); "No silencio das palabras" (transcrición das palabras pronunciadas na cerimonia da súa despedida); "Vencerse é cousa de se tratar" (transcrición da homenaxe realizada en Vigo o 29 de maio de 2004, organizada pola AELG, ATG e AGE) e "Un día tiven desexos e cumprinos" (completa aproximación bio-bibliográfica). Estas colaboracións literarias enriquécense con outras de carácter gráfico (fotografías e ilustracións) que fan do libro unha completa achega para mellor comprender e admirar a traxectoria humana e literaria dunha das voces máis singulares da poesía galega última.. Xela Arias (Sarria, 1962 - Vigo, 2003) foi escritora, tradutora, profesora é membro do cadro fundacional de Edicións Xerais de Galicia.  Publicou unha recoñecida obra poética que iniciou con "Denuncia do equilibrio" (Xerais, 1986), continuou con "Tigres coma cabalos" (Xerais, 1990), "Darío a diario" (Xerais, 1996) e rematou con "Intempériome" (2003). A súa morte, o 3 de novembro de 2003, conmocionou á sociedade literaria galega que agora lle rende unha homenaxe coa edición deste volume colectivo.

Xerais en La república de las letras

  • Os seres queridos -5%
    Titulo del libro
    Os seres queridos
    Dávila, Berta
    Xerais
    Cinco anos despois de ser nai, a protagonista desta novela atópase inesperadamente na disxuntiva de decidir se...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,95 €16,10 €

  • Ocaso Otero -5%
    Titulo del libro
    Ocaso Otero
    Guede Oliva, Manuel
    Xerais
    "Son moitos os nomes de destacados artistas seducidos polo magnetismo persoal da Bella Otero. Cando un se embos...
    No disponible

    14,00 €13,30 €

  • AS ESTACIÓNS DO LOBO -5%
    Titulo del libro
    AS ESTACIÓNS DO LOBO
    Reimóndez, María
    Xerais
    É inverno, a neve cae sobre Múnic e Clara atópase perdida. Sen comprender moi ben como, errou o camiño que ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    23,50 €22,33 €

  • Cocotibur -5%
    Titulo del libro
    Cocotibur
    Fernández Lorenzo, Rafael
    Xerais
    A misteriosa desaparición de tres raparigas nunha vila costeira galega  e a súa intensa e dificultosa busca s...
    No disponible

    12,95 €12,30 €

  • Rapazas -5%
    Titulo del libro
    Rapazas
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    No disponible

    7,20 €6,84 €